sábado, 20 de junio de 2009

Quen che ensinou?

Bueno chicos e chicas aquí rematou este curso, onde cantamos, bailamos, tocamos...fixemos moitas cousas!!!
Espero que aprendérades moitos e non deixedes de cantar nin de bailar nin de escoitar música no verán.

FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!

Ficha melódica

A música tradicional galega

Deixovos ideas sobre o espectáculo musical que tedes que elaborar para o vindeiro día, botádelle un vistazo a este xogo musical con botes...ocúrresevos algo novo?



Máis baile tradicional!!!!



Máis música tradicional!!!!


Música e matemáticas


Aquí está o sudoku musical, a ver quen é capaz de resolvelo. Ánimos chicos/as!!!!!
Deixovos o video que xa vimos na clase de música sobre a relación da música coas matemáticas acompañados do noso amigo Donald. Que vos parece?. Comentade abaixo.

Chegamos ó Congo







Escoitade esta canción de Congo Olelé que cantamos e tocamos na clase.
É unha canción moi fermosa verdade, xa vimos en clase o que significaba a letyra da canción, por si alguén non se acorda aquí vos deixo o que significa.

Olélé olélé molíbá
mákásí
Luka luka
Mboká ná yé
Mboka mboka Kásáï
Eeo ee eeo
Béngúélá áyá
Óyá óyá
Yákárá a
Óyá óyá
Kóngúidjá a
Óyá óyá

¡Olelé! ¡Olelé!
La corriente es muy fuerte
¡Remad! ¡Remad!
Su tierra,
Su tierra es Kasai.
Eeo ee eeo
¡que viene Belguela!
¡Ven! ¡Ven!
El valiente.
¡Ven! ¡Ven!
El generoso
¡Ven! ¡Ven!



Observade tamén os instrumentos que aprendimos na aula. Sónavos? cal é o que máis vos gusta?

Máis percusión corporal

Fichas ritmicas e melódicas


Música de Cuba

Na clase aprendimos moitas cousas desta fermosa cultura verdade?. Cantamos, bailamos, tocamos instrumentos, aprendimos os pasos de baile.....xa estamos feitos uns verdadeiros profesionais.

Gustouvos a canción Guantanamera? Que vos pareceu? Dificil, moi doada? non vos gustou? Comentande en comentarios e amosade a vosa opinion.

Deixovos uns videos moi interesantes da música cubana, pero contestade a unha pregunta....cales eran os autores máis destacados da música cubana que vimos na clase?

O Mirlitón




Que divertido instrumento verdade? Construíde un e veredes que ben volo vades pasar acompañando cancións. Unha vez que o teñades feito decorádeo e ensinarllo a vosos pais,a migos e ao voso mestre claro.

Sherezade, as mil e unha noites









É tempo de Nadal!!!!

Chegamos a unha das datas que máis nos gustan verdade? Disfrutade das vacacións e non dudedes de cantar panxoliñas xunto coa vosa familia. Nestas datas especiais a música esta presente!!!!

FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO!!!!!!!!!!!!!




Recordades esta canción?

A PAZ no mundo





A paloma branca: A paz, interpretada por unha paloma branca, levando un ramo de olivo no seu pico ten un orixen milenario e está fortemente ligada a cultura xudeo-cristiana. No vello testamento Noé mandou unha paloma branca co fin de encontrar terra trala inundación, o cabo dun tempo a paloma regresa ao arca cun ramo de olivo no seu pico significando que a inundación había rematado e entendendo que Deus estaba de novo en paz coa humanidade. Agora a paloma branca pode representar dous tipos de paz: si se representa co ramo de olivo no seu pico, simboliza o desexo de manter a paz xa alcanzada, mentres que si se simboliza voando, como por exemplo nos actos onde lánzase unha paloma branca ao aire, simboliza o desexo de alcanzar a paz por medio dun mensaxeiro que a transmita.

O CDN: O CDN (Símbolo pola campaña de desarme nuclear) popularizouse nos anos 60 e 70, especialmente no Reino Unido, tras comezar a ser empregado contra a guerra en xeral polo movemento hippie e as propostas contra a guerra de Vietnam o largo do mundo. Foi diseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como emblema dunha das maiores marchas antinucleares da historia. Este símbolo está íntimamente ligado á paloma branca. Se observamos ben as líneas representan as patas da paloma e o círculo da terra, simbolizando desta maneira a paz mundial.

A bandeira da Paz: A bandeira da paz mostra tres esferas rodeadas por un círculo sobre un fondo branco. As tres esferas mostran a totalidade da cultura: relixión, arte e ciencia. Tamén representan o legado da humanidade no pasado, presente e futuro, dentro do círculo da eternidade.






Axudar aos teus veciños

pensar nalguén que queres

vestir como apeteza

simplemente como é.

Que todos teñan fogar,

moito verde que plantar,

sentirme diferente,

ben comigo e axudar.

Viaxar polo mundo

compartir unha comida

aprender moitos idiomas

enriquece a nosa vida

Musica pa ti "mi hermano"

sexas ruso o colombiano

manter limpas a rúas

porque alguén fai o marrano.


Observade este video como distintas perosoas de diversos países piden a PAZ cantando unha coñecidísima canción. Coñecíades esta canción?





Ficha rítmica



Se clicades na propia imaxe aparece a ficha máis grande onde podedes practicala.

Un paseo por África


Que fermosa cultura, cantas características aprendimos hoxe en clase. Recordades cales eran as principais características da música africana? Era responsorial....e que máis?Contestade en comentarios.

Hoxe aprendimos todos os países da costa occidental de África, somos buenos!!!Déixovos un video da danza que bailamos, estes chicos e chicas non o fan tan ben como nos, ja, ja, ja, ja.



Gustouvos a canción?

Tocamos a frauta


En clase tocamos a frauta e o fixemos bastante ben. Recordades que tocamos e cantamos a canción "O Galo". Recordades de quen era? Vouvos dar unha pista....sónavos esta foto?




Deixovos un fragmento da letra da canción por si queredes cantala no voso tempo libre ou en calquer festa xunto cos vosos amigos/as. Recordades as seguintes?

O galo cando canta é día
é día é día
O galo cando canta é día
imos de parranda
imos todo o día

Eram Sam Sam

Escoitade esta fermosa canción que xa montamos na aula "Eram Sam Sam". É un canon. Alguén pódeme dicir en comentarios que é un canon? Animádevos

Percusión corporal

Como xa explicamos na clase, o noso corpo pode facer moitas maravillas a nivel musical, xunto coa voz, o noso corpo é capaz de facer música.

Observade este video, quedaredes abraiados!!!!