sábado, 20 de junio de 2009

A PAZ no mundo





A paloma branca: A paz, interpretada por unha paloma branca, levando un ramo de olivo no seu pico ten un orixen milenario e está fortemente ligada a cultura xudeo-cristiana. No vello testamento Noé mandou unha paloma branca co fin de encontrar terra trala inundación, o cabo dun tempo a paloma regresa ao arca cun ramo de olivo no seu pico significando que a inundación había rematado e entendendo que Deus estaba de novo en paz coa humanidade. Agora a paloma branca pode representar dous tipos de paz: si se representa co ramo de olivo no seu pico, simboliza o desexo de manter a paz xa alcanzada, mentres que si se simboliza voando, como por exemplo nos actos onde lánzase unha paloma branca ao aire, simboliza o desexo de alcanzar a paz por medio dun mensaxeiro que a transmita.

O CDN: O CDN (Símbolo pola campaña de desarme nuclear) popularizouse nos anos 60 e 70, especialmente no Reino Unido, tras comezar a ser empregado contra a guerra en xeral polo movemento hippie e as propostas contra a guerra de Vietnam o largo do mundo. Foi diseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como emblema dunha das maiores marchas antinucleares da historia. Este símbolo está íntimamente ligado á paloma branca. Se observamos ben as líneas representan as patas da paloma e o círculo da terra, simbolizando desta maneira a paz mundial.

A bandeira da Paz: A bandeira da paz mostra tres esferas rodeadas por un círculo sobre un fondo branco. As tres esferas mostran a totalidade da cultura: relixión, arte e ciencia. Tamén representan o legado da humanidade no pasado, presente e futuro, dentro do círculo da eternidade.






Axudar aos teus veciños

pensar nalguén que queres

vestir como apeteza

simplemente como é.

Que todos teñan fogar,

moito verde que plantar,

sentirme diferente,

ben comigo e axudar.

Viaxar polo mundo

compartir unha comida

aprender moitos idiomas

enriquece a nosa vida

Musica pa ti "mi hermano"

sexas ruso o colombiano

manter limpas a rúas

porque alguén fai o marrano.


Observade este video como distintas perosoas de diversos países piden a PAZ cantando unha coñecidísima canción. Coñecíades esta canción?